Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 14/15).

Por acordo da Xunta de Goberno local do 3.9.2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 14/15).

2. Obxecto do contrato: servizo de impartición de actividades para maiores de 55 anos, dentro do programa Tempo para Nós.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 41.817,60 € (34.560 €, máis 7.257,60 € de IVE).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 8 días naturais (ao ser declarada a urxencia do procedemento) desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, BOP e perfil do contratante do Concello do Porriño ( www.contratosdegalicia.es ).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 7 de setembro de 2015

Eva García de la Torre
Alcaldesa