Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0132/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 28 de agosto de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0132/2015

Aracena Roberto Antonio

Proposta de resolución

Instrutora

CON-PO-0140/2015

José Fervenza Seoane

Proposta de resolución

Instrutora

CON-PO-0187/2015

Jesús Costa Trigo

Proposta de resolución

Instrutora