Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37215

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 4 de setembro de 2015 polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 1 de setembro de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para vinculación temporal dunha praza de facultativo especialista da Área de Medicina Nuclear.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e en virtude do establecido na disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autónomico de Galicia, na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal dunha/dun facultativo especialista da Área de Medicina Nuclear.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As e os interesadas/os en participar na convocatoria deberán de presentar solicitude, segundo modelo de instancia, anexo I, á súa disposición na páxina web: www.sergas.es, no Rexistro de Galaria, sito no Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar (15707 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 4 setembro 2015

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria