Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015332TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 30 de xullo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2015332TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Eugen Patru, con NIE X2142106R.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, notifícaselle a Eugen Patru o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 25 de agosto de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015332TA-PO.

Denunciado: Eugen Patru, con NIE X2142106R.

Último enderezo coñecido: rúa Cantabria núm. 52-1º, 36205 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).