Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 37012

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO relativo ao proxecto de expropiación para a execución Regueiro, fase II.

Por medio do presente anuncio e para os efectos do disposto nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa, 17 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, faise público que no BOP núm. 173, do 8 de setembro de 2015 figura o anuncio de aprobación do proxecto de expropiación para a execución da obras de construción dun paseo no leito do Regueiro, fase II (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

A Cañiza, 8 de setembro de 2015

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde