Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 36982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de agosto de 2015, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva outorgada a Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L. na demarcación de Lalín (TL0PO1).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 6 de agosto de 2015,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de agosto de 2015, que a seguir se transcribe:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva outorgada a Multimedia de Comunicaciones del Atlántico, S.L., correspondente á demarcación de Lalín (TL0PO1)».

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios