Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 36990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015, do Servizo da Delegación Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras da nova ponte sobre o río Miño nos Peares, nos termos municipais da Peroxa e Nogueira de Ramuín (clave OU/15/033.01).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 2 de decembro de 2010, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para a mencionada obra por Decreto 205/2010, publicado no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2010.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos da Peroxa e de Nogueira de Ramuín, para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a seguir co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termos municipais da Peroxa e Nogueira de Ramuín.

Lugar: sede do Consorcio Local dos Peares (A Peroxa).

Data: 15 de outubro de 2015, das dez horas trinta minutos ás doce horas.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos da Peroxa e de Nogueira de Ramuín e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar á súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto coas escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.

Ourense, 3 de setembro de 2015

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Ourense