Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 36984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 4/2015, relativo ao proxecto de ampliación da superficie útil de exposición e venda ao público do Gadis Hiper Carballo, situado no concello de Carballo, promovido por Gadisa, a través da súa sociedade Mercartabria, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de ampliación da superficie útil de exposición e venda ao público do Gadis Hiper Carballo, situado no concello de Carballo, promovido por Gadisa, a través da súa sociedade Mercartabria, S.L.U.

Para estes efectos, cumprindo co deber de información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Gadisa, a través da súa sociedade Mercartabria, S.L.U, solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de ampliación da superficie útil de exposición e venda ao público do Gadis Hiper Carballo, situado no concello de Carballo.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderá realizarse, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que estimen oportunas, que se deberán dirixir á Dirección Xeral de Comercio e presentar por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio