Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 16 de setembro de 2015 Páx. 37003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizo non suxeito a regulación harmonizada (expediente 7/2014/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais no ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 7/2014/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21741

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: prestación do servizo de desenvolvemento do servizo alleo de prevención de riscos laborais do ente público Portos de Galicia, de conformidade co indicado no número 4.1 do cadro de características do contrato (CCC) e coas características descritas no prego de prescricións técnicas particulares (PPT).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71317000-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 5 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Valor estimado do contrato: 118.707,44 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 75.369,80 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 15.827,66 euros. Importe total: 91.197,46 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 31 de agosto de 2015.

c) Contratista: Mugatra, Sociedad de Prevención, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 64.320 euros, IVE do 21 % excluído. Importe total: 77.827,20 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia