1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dunha caldeira de pellets nas oficinas do distrito forestal de Salcedo (Pontevedra).
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución/entrega: o prazo de entrega será de 30 días desde o seguinte á sinatura do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 44621200-1 e 45331110-0.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación documentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: 54.064,70 €. IVE (21 %): 11.353,59 €. Importe total: 65.418,29 €.
Valor estimado: 54.064,70 €.
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural e do Mar.
6. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 42/981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 80 54 58 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 50 03.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23370.
9. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
11. Gastos de publicidade: será por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar