Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dunha plataforma tecnolóxica de repositorio institucional dixital de información científica e investigadora. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-15-049).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-049.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento e implantación dunha plataforma tecnolóxica de repositorio institucional dixital de información científica e investigadora.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: máximo de seis (6) meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212311-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Proposta funcional

0-25

Proposta técnica

0-10

Plan de proxecto e modelo de xestión

0-8

Integracións e interoperabilidade

0-5

Servizos de implantación

0-2

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo e mantemento correctivo

0-8

Formación

0 -2

4. Valor estimado do contrato: 62.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 62.000 €. Importe total: 75.020 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras d) e e) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o derradeiro día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no seguinte punto, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos