Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2015/65-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT VLL810-saídas CT Vilarchao.

Situación: Coles.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV, de 427 m con condutor RHZ1-1×240 AL, que ten a súa orixe na cela de liña do CT Vilarchao (expediente 2007/254) e seu remate no P.A.S. proxectado na LMT ao CT Magdalena e á subestación Saceda.

– LMT subterránea a 20 kV, de 500 m con condutor RHZ1-1×240 AL, con orixe na cela de liña do CT Vilarchao antes citado e remate no P.A.S. proxectado na LMT ao CT Albán-3 e Vilarrubín.

– Orzamento: 156.203,32 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enriquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Ourense, 24 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expediente nº 2015/65.

Concello: Coles.

Provincia: Ourense.

LMT VLL810 saídas CT Vilarchao

Nº predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml. aér.

ml. sub.

m2

m2
sub.

3

Castiñeiriño

Prado

Antonio Filgueiras Viso

Rúa Alejandro Pedrosa, nº 3, 1º esquerda
32001 Ourense

2

2.0

1.0

3.0