Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36566

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (536/2014).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, fai saber que no presente procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Raquel Mira Nieto, Ana Isabel Mira Nieto, Fernando José Mira Nieto, Carmen Begoña Mira Nieto fronte a Ana Alves Paz Barrote, Ana Isabel De Castro Almeida, Carlos Alberto De Castro Almeida e Manuel De Castro Almeida se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Que estimando a demanda interposta polo procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Fernando José Mira Nieto, Carmen Begoña Mira Nieto, Ana Isabel Mira Nieto e Raquel Mira Nieto, debo condenar e condeno a Ana Alves Paz Barrote, Ana Isabel De Castro Almeida, Carlos Alberto De Castro Almeida e Manuel De Castro Almeida a elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda do 31 de xaneiro de 1998, nos seus estritos termos, relativo á casa sinalada co número 2 da praza do Conde de Pontedeume, predio con referencia catastral 7265315NJ6076N0001JJ, inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no folio 114, do tomo 363 do arquivo, libro 55 do concello de Pontedeume, predio 4.930.

As custas desta instancia son por conta da parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estaren os ditos demandados, Carlos Alberto De Castro Almeida e Manuel De Castro Almeida, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Betanzos, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial