Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36556

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe (euros)

Data de sinatura

Convenio coa Hermandad Gallega de Valencia (Venezuela)

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela)

20.000,00 €

21.5.2015

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

70.000,00 €

21.5.2015

Convenio co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

40.000,00 €

7.5.2015

Convenio co Hogar Español de Ancianos de Montevideo

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos

40.000,00 €

26.6.2015

Convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinados ás persoas de orixe galego e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

11.5.2015

Convenio coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (Brasil)

12.000,00 €

8.5.2015

Convenio coa Sociedade de Socorro Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

12.000,00 €

9.5.2015

Convenio coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento da oficina de información e asesoramento en Caracas

20.000,00 €

21.5.2015

Convenio coa Diocese de Tui-Vigo

Contribuír á procura de documentación da orixe das persoas emigrantes galegas

2.500,00 €

16.6.2015

Convenio coa Diocese de Lugo

Contribuír á procura de documentación da orixe das persoas emigrantes galegas

2.500,00 €

16.6.2015

Convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Contribuír á procura de documentación da orixe das persoas emigrantes galegas

2.500,00 €

16.6.2015

Convenio coa Diocese de Ourense

Contribuír á procura de documentación da orixe das persoas emigrantes galegas

4.000,00 €

16.6.2015

Convenio coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír á procura de documentación da orixe das persoas emigrantes galegas

10.000,00 €

16.6.2015

Convenio coa Casa de Galicia de Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención socio sanitaria destinados ás persoas de orixe galego e aos seus descendentes en Montevideo (Uruguai)

35.000,00 €

28.5.2015

Convenio coa Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução de São Paulo (Brasil)

Realización das obras de reparación do salón principal do inmoble no que ten a súa sede social

30.000,00 €

13.7.2015

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega

Realización de actividades relacionadas coa emigración galega

35.000,00 €

16.6.2015

Convenio coa Federación Unión de Asociaciones Gallegas en la República Argentina

Organización do día de «Bos Aires celebra Galicia» na cidade de Bos Aires

45.000,00 €

29.7.2015

Convenio co Centro Galicia de Bos Aires, Cultural, Social e Deportivo

Contribuír ao mantemento do Centro Galicia

60.000,00 €

29.7.2015

Convenio coa Asociacion «As Xeitosiñas»

Apoio no desenvolvemento de actuacións socio asistenciais a prol dos galegos residentes en Suíza

30.000,00 €

24.8.2015