Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Horticultores del Umia, SAT nº 475 XUGA, na acta da asemblea do 24 de abril de 2015, que ratifica a do 15 de xuño de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta de 15 socios, que achegan á sociedade un capital de 23.400,00 € representados por 90 títulos de 260,00 € cada un deles.

2. Aprobar a transmisión dun título da socia Rosa Martínez Vilas ao pretendido novo socio Antonio Martínez Vilas.

3. Aprobar a alta de Antonio Martínez Vilas.

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 28.080,00 € e estará representado por 108 títulos nominativos de 260,00 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan José Calo Núñez, presidente; Mª José Pérez Portas, secretaria; José Emilio Almeida Fresco, tesoureiro; Benito Alba Eirín, Mª Carmen Pazos Charlin, Antonio Martínez Vilas e Alberto Quintáns Cores, como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Fariñeiro, SAT nº 1049 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio José Juan Díaz de la Barrera a quen se lle liquida con 601.02 €.

Como consecuencia desta baixa o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Daniel López Pérez

1 título

601,02 € de capital social

Senén López y Pérez

1 título

601,02 € de capital social

Mª Carmen Pérez Álvarez

1 título

601,02 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.803,06 € e estará representado por 3 títulos nominativos de 601,02 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

4. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Daniel López Pérez, presidente; Senén López y Pérez, secretario e Mª Carmen Pérez Álvarez como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Fiba, SAT nº 1173 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Manuel Allo Abelenda, presidente; Avelina Mercedes Gerpe Landeira, secretaria; María Abelenda Gerpe e Monserrat Gerpe Landeira como vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Martínez Pereiro, SAT nº 1174 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Antonio Martínez Almallo, presidente; José María Pereiro Cerban, secretario; Jesús Martínez Bouzas e Mª de la Luz Esperante Tuñas como vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Ferto SAT nº 1168 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Olga Torres González, presidenta; José Manuel Fernández Torres, secretario e Camilo Fernández Ucha como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Bodegas Aldea de Abaixo, SAT nº 835 XUGA, na acta da asemblea do 10 de abril de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Elisa Cardoso Cardoso, a quen se lle liquida coa cota social achegada ao capital social, parte dos beneficios obtidos e o reembolso da cantidade entregada para solucionar situacións de liquidez.

Como consecuencia desta baixa o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Arturo Conde Fernández

143 títulos

8.595,73 € de capital social

Elidio Magallanes Rodríguez

143 títulos

8.595,73 € de capital social

Jorge Manuel Vaquero Troncoso

143 títulos

8.595,73 € de capital social

María Elisa González Rivero

143 títulos

8.595,73 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 34.382,92 € e estará representado por 562 xustificantes nominativos de 60,11 euros cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Arturo Conde Fernández, presidente; Elidio Magallanes Rodríguez, secretario; Jorge Manuel Vaquero Troncoso e Elisa González Rivero como vogal.

g) A sociedade agraria de transformación A Portela, SAT nº 523 XUGA, na acta da asemblea do 11 de setembro de 2014, que ratifica a do 11 de setembro de 2006 elevada a pública mediante escritura da mesma data, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa dos socios Agustín Formigo Raña e Mª del Carmen de la Fuente de la Torre que transmiten os seus títulos entre os restantes socios.

2. Aprobar a alta do socio Marcos González Vázquez.

3. Aprobar a redenominación do capital social a euros, a ampliación de capital por importe de 60,00 € (1 título) por parte do socio Marcos González Vázquez, e a creación dunha reserva indispoñible de 35,42 €.

Como consecuencia destas modificacións o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Antonio González Pousa

117 títulos

7.020,00 € de capital social

Marcos González Vázquez

117 títulos

7.020,00 € de capital social

Zoila Vázquez Sanmarful

117 títulos

7.020,00 € de capital social

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 21.060,00 € e estará representado por 351 xustificantes nominativos de 60,00 € cada un deles».

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio González Pousa como Presidente; María Zoila Vázquez Sanmarful como secretaria e Marcos González Vázquez como vogal.

h) A sociedade agraria de transformación García Quintana, SAT nº 1126 XUGA, na escritura pública de data 29 de maio de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a fusión por absorción da sociedade absorbente García Quintana, SAT nº 1126 XUGA, á sociedade absorbida O Cobo, SAT nº 1215 XUGA.

2. Aprobar a baixa por xubilación dos socios do Cobo, SAT nº 1215 XUGA, Carlos García Martínez e Antonio Quintana Fernández que transmiten o seus títulos a os seus respectivos fillos Antonio García García e Berta Quintana Rodríguez.

3. Aprobar o aumento de capital social solidario de todos os socios de García Quintana, SAT nº 1126 XUGA de 1,72 € e o cambio de valor nominal dos títulos de 60,11€ a 1,00 €.

4. Aprobar o cambio do valor nominal dos títulos de: O Cobo, SAT nº 1215 XUGA, dun importe de 10,00 € a 1,00 €.

5. Debida á fusión por absorción o capital de García Quintana, SAT nº 1126 XUGA pasa a ser de 389.406,00 €, representado por 389.406 títulos de 1,00 € cada un deles.

Como consecuencia destas modificacións o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Berta Quintana Rodríguez

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

Antonio García García

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

Natalia Yáñez Santamaría

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

José Oliveros Yanes

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

Francisco Oliveros López

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

Mª Vicenta Oroza Cordido

64.901 títulos

64.901,00 € de capital social

6. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

7. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio García García, presidente; Francisco Oliveros López, secretario; José Oliveros Yanes, María Berta Quintana Rodríguez, María Vicenta Oroza Cordido e Natalia Yáñez Santamaría como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Os Agros, SAT nº 1395 XUGA, na acta da asemblea do 22 de abril de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital social da socia María Dorinda Castro Landeira por importe de 1.000,00 € que representan un xustificante nominativo.

2. Aprobar a transmisión de 51 títulos da socia María Estévez Nieto a María Dorinda Castro Landeira por importe de 51.000,00 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital e transmisión de títulos o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María Estévez Nieto

126 títulos

126.000,00 € de capital social

María Ramos Castro

177 títulos

177.000,00 € de capital social

Javier Lage Estévez

177 títulos

177.000,00 € de capital social

Pedro Ramos Gerpe

26 títulos

26.000,00 € de capital social

María Dorinda Castro Landeira

100 títulos

100.000,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 606.000,00 € e estará representado por 606 títulos de 1.000,00 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Javier Lage Estévez, presidente; María Ramos Castro, secretaria; María Estévez Nieto, María Dorinda Castro Landeira e Pedro Ramos Castro como vogais.

j) A sociedade agraria de transformación Carballeiras, SAT nº 1245 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xuño de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio Madriñán Castro, presidente; José Manuel Madriñán Castro, secretario; María del Carmen Castro Iglesias, Marisol Albor González e Miguel Madriñán Albor como vogais.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación dos cargos da Xunta Reitora se realizará cada seis anos, e a renovación parcial cada tres.

k) A sociedade agraria de transformación Escuadro, SAT nº 859 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xuño de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da nova socia María José Otero Luis que achega ao capital social 22.801,94 €.

Como consecuencia desta alta o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María del Carmen López López

3.095 títulos

37.201,90 € de capital social

María Dolores Luis García

2.260 títulos

27.165,20 € de capital social

Antonio Otero Fontao

2.227 títulos

26.768,54 € de capital social

María José Otero Luis

1.897 títulos

22.801,94 € de capital social

Luis Taboada Fernández

3.592 títulos

43.175,84 € de capital social

José Luis Taboada López

2.234 títulos

26.852,68 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 183.966,10 € e estará representado por 15.305 xustificantes nominativos de 12,02 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

4. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Luis Taboada Fernández, presidente; María Dolores Luis García, secretaria; Antonio Otero Fontao, José Luis Taboada López, María del Carmen López López e María José Otero Luis como vogais.

l) A sociedade agraria de transformación Seoane, SAT nº 843 XUGA, na asemblea xeral do 10 de xuño de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Julia María Menéndez Villalva que transmite os 194 títulos que ten, á pretendida nova socia Milagros Seoane Taboada.

2. Aprobar a alta da nova socia Milagros Seoane Taboada.

Como consecuencia desta alta o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Xesús Seoane Taboada

194 títulos

3.005,06 € de capital social

Milagros Seoane Taboada

194 títulos

3.005,06 € de capital social

María Rodríguez Seoane

171 títulos

2.648,79 € de capital social

Juan Cores Diz

23 títulos

356,27 € de capital social

3. Modificar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Xesús Seoane Taboada, presidente; Milagros Seoane Taboada, secretaria; María Rodríguez Seoane e Juan Manuel Cores Diz como vogais.

m) A sociedade agraria de transformación O Carboeiro, SAT nº 1369 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xullo de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aproba a ampliación de capital social por importe de 60.000,00 € mediante achegas monetarias quedando así un capital social de 186.000,00 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ana Álvarez Ron

27 títulos

5.400,00 € de capital social

Carlos Lamazares Álvarez

170 títulos

34.000,00 € de capital social

María Lamazares Álvarez

170 títulos

34.000,00 € de capital social

Roberto Lamazares Álvarez

98 títulos

19.600,00 € de capital social

Manuel Ángel Lamazares Moureles

170 títulos

34.000,00 € de capital social

Marcos López Marzán

170 títulos

34.000,00 € de capital social

Teresa Marzán Vilela

125 títulos

25.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 186.000,00 € e estará representado por 930 xustificantes nominativos de 200,00 € cada un deles».

3. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Ángel Lamazares Mourelos, presidente; Marcos López Marzán, secretario; Carlos Lamazares Álvarez, María Lamazares Álvarez, Roberto Lamazares Álvarez, Teresa Marzán Vilela e Ana Álvarez Ron como vogais.

n) A sociedade agraria de transformación Centro, SAT nº 1283 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xullo de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Rectificar a acta da asemblea con data do 18 de marzo de 2015, na que se nomea por erro como secretaria a María Flor Fernández Ares.

2. Aprobar a modificación da composición da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: José Álvarez Méndez, presidente; Mónica Álvarez Fernández, secretaria; María Flor Fernández Ares e Nadia Álvarez Fernández como vogais.

o) A sociedade agraria de transformación Mundin, SAT nº 1211 XUGA, nas actas das asembleas do 25 de xuño e 7 de outubro de 2014, que se elevan a públicas mediante escrituras con data do 25 de xuño e 7 de outubro de 2014 respectivamente, toman os seguintes acordos:

1. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta nas actas das asembleas e nas escrituras públicas.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Antonio Lodeiro Sequeiro, presidente; Domingo López Vázquez, secretario; Encarnación Anita Vázquez Maseda, María Milagros Vilar Sampedro, José Luis Basanta Leivas e Josefa Reimondo González como vogais.

p) A sociedade agraria de transformación Santa Eulalia, SAT nº 1100 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xullo de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Olimpio Montoto Penela, presidente; Isabel Barros Otero, secretaria e Mirian Montoto Barros como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación dos cargos da Xunta Reitora se realizará cada seis anos, e a renovación parcial cada tres.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación San Román, SAT nº 1008 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por José Manuel Villanueva López, Manuel Agustín López García e Monserrat Gayoso García.

b) A sociedade agraria de transformación Ganadería Fontealbite, SAT nº 1099 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por José Manuel Sebio Brandariz, José Manuel Sebio Molguero e Gregoria Molguero Iglesias.

C) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Ganadería Fontealbite, SAT nº 1099 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

P.D. (Resolución do 27.8.2015)
Nicasio Mejuto Martí
Subdirector Xeral de Explotacións Agrarias