Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación do servizo de alimentación, cafetaría e restauración do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (expediente AB-EIC1-15-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 1º andar, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto.

b) Descrición do obxecto: servizo de alimentación, cafetaría e restauración do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos, computados desde a data do comezo efectivo do servizo contratado.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 55322000-3, 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Canon.

Para os efectos do presente contrato establécese un canon mínimo anual de 5.000 € para o primeiro exercicio de actividade.

5. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 510.418,16 €.

b) IVE: 51.041,84 €.

c) Orzamento con IVE: 561.460 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si, 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións deberánse presentar antes das 14.00 horas do trixésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2º. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: a data de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 30 de xullo de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña