Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00904-O-2015 e un máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador XC-00904-O-2015 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 27 de agosto de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00904-O-2015

3936-CHN

Garda Civil 1503 W04047P

Suministros Montajes y Mantenimiento

B24278632

R/ Orense, s/n

24380 Puente Domingo Flórez

León

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

19.11.2014; 11.18; AG64; 39,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

XC-00922-O-2015

8546-FVP

Garda Civil 1503 T67277V

Manuel Santos Abalo

36016513P

R/ Páramo, 11, 2º C

15010 A Coruña

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

13.11.2014; 9.15; AC-164; 7,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros