Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36454

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 114/2015, do 10 de setembro, polo que se dispón que cese como conselleira electiva do Consello Consultivo de Galicia Ana María Otero López.

Ao abeiro do establecido no artigo 5 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, o oito de setembro Ana María Otero López presentou a renuncia á súa condición de conselleira electiva do Consello Consultivo de Galicia, por ter sido nomeada membro do Consello de Contas de Galicia, sendo aceptada nesa mesma data polo presidente do Consello Consultivo de Galicia. Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de setembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, como conselleira electiva do Consello Consultivo de Galicia, Ana María Otero López, con efectos do día oito de setembro de dous mil quince.

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza