Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordó de incoación do expediente sancionador MON-LU-0139/2015-DIA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 26 de agosto de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0139/2015-DIA.

Interesada: María Hortensia Suárez Millares.

Acto notificado: acordo de incoación.