Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo técnico da oficina do proxecto IANUS e da receita electrónica (expediente AB-SER1-15-048).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 13 de outubro de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-048.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo técnico da oficina do proxecto IANUS e receita electrónica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Metodoloxía de traballo

0-30

Plan de participación dos recursos

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-50

4. Valor estimado do contrato: 1.324.320 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 551.800 euros. Importe total: 667.678 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2 e categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 13 de outubro de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de agosto de 2015.

12. Outras informacións: –.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

P.S. (Acordo do 6.8.2015)
Paula Camba Loureda
Subdirectora xeral de Compras e Servizos