Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36387

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no segundo cuadrimestre do ano 2015 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: Acordo de colaboración interadministrativo entre a Consellería de Economía e Industria, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia sobre o traspaso do crédito correspondente á execución do proxecto Iluminación do Bosque de Galicia.

Obxecto: execución do proxecto de Iluminación do Bosque de Galicia.

Data de sinatura: 22 de maio de 2015.

Importe: 464.383,17 euros.

Nº: 2.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (Energylab) e Cooperativas Ourensanas Sociedade Cooperativa Galega (Coren) para a realización dun proxecto demostrativo para o desenvolvemento de equipamentos para a xeración de enerxía térmica a partir da co-combustión dos residuos das explotacións avícolas e porcinas con biomasa forestal, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Obxecto: establecer o modo e as condicións en que se vai desenvolver a execución do proxecto demostrativo para a xeración de enerxía térmica a partir da co-combustión dos residuos das explotacións avícolas e porcinas con biomasa forestal, analizar a súa viabilidade técnica e económica e a súa localización idónea.

Data de sinatura: 29 de maio de 2015.

Importe: 1.200.000 euros.

Nº: 3.

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia para a realización dun proxecto de xeración eléctrica autosuficiente mediante enerxías renovables.

Obxecto: levar a cabo na comunidade terapéutica de Proxecto Home a realización dun proxecto demostrativo de xeración eléctrica autosuficiente mediante enerxías renovables.

Data de sinatura: 17 de xullo de 2015.

Importe: 100.000 euros.