Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2015/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT,CT, RBT A Frieira (cambio CT 32AH26).

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 59 m, con condutor LA 56/54,6 mm2 e orixe na LMT existente ao CT A Frieira e A Agra-Desteriz e remate no CT proxectado intemperie de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aerosubterránea de 10 m en aéreo con condutor RZ e 38 m en subterráneo CN condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Orzamento: 28.110,01 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense