Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oímbra (expediente IN407A 2015/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT, subst., CT 32CK44 granxa O Rosal.

Situación: Oímbra.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 42 m, con condutor LA-56/54,6 mm2 e con orixe na LMT VII808 Feces e remate no CT intemperie proxectado de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aérea a 20 kV de 10 m con condutor RZ derivada do CT proxectado granxa O Rosal.

Orzamento: 25.221,10 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense