Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha planta de aglomerado asfáltico en frío e quente en Paradela, parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA) (clave 2015/0088).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental, do 24 de agosto de 2015, relativo ao proxecto dunha planta de aglomerado asfáltico en frío e quente en Paradela, parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA) (clave 2015/0088).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental