De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 30 de xullo de 2015 sobre o proxecto de despezamento de vehículos ao final da súa vida útil en Santa Catalina, no concello de Caldas de Reis (Pontevedra), promovido por Santorum & Martínez, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos
E nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental