Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de agosto de 2015 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador, devolto por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos (expediente 12-19-15-59).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG nº 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-15-59

Axentes da Garda Civil

Carlos Alberto Vecino Rodríguez

R/ Sexta Travesía do Río

15113 Malpica (A Coruña)

Estacionamento prohibido

13.3.2015; 20.50 horas.

Malpica (A Coruña)

Art. 306.1 a) RDL 2/2011 TRLPEMM

Art. 17 e 64

OM 12.6.1976

Art. 312 RDL 2/2011 TRLPEMM

90,15 €