Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 9 de setembro de 2015 Páx. 36354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de xullo de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á ocupación de nave para manipulación da pesca e cámaras de conxelación, no dominio público portuario de Ribeira, solicitada por Mar Pesca Riveira, S.L. (expediente 12-48-15-C-2).

Mar Pesca Riveira, S.L. solicita unha concesión administrativa para a ocupación de nave para manipulación da pesca e cámaras de conxelación no dominio público portuario de Ribeira, de acordo coa memoria de actividades que presenta.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com .

A Coruña, 21 de xullo de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia