Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente PES-OU-13/2015-V e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 20 de agosto de 2015

P.S. (Resolución do 21.7.2015)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-13/2015-V.

Interesado: David Mocho Carballo.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-19/2015-V.

Interesado: Emil Metodiev Trifonov.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-25/2015-V.

Interesado: Jorge Pablo Fernández González.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-32/2015-V.

Interesado: Saturnino Gómez Casado.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.