Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 8 de setembro de 2015 Páx. 36217

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Área Provincial da Coruña, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 7 de xaneiro de 2015, pola que se convocan na anualidade de 2015, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocou no exercicio 2015, a través da Resolución do 7 de xaneiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro), axudas para o alugamento de vivendas no marco do Plan de vivenda 2013-2016.

A Área Provincial do IGVS na Coruña, órgano encargado da instrución do procedemento, código VI432A, revisou as solicitudes presentadas en prazo ao abeiro da dita resolución e identificou tanto as que se presentaron sen erros e dispoñen da documentación preceptiva, como aquelas que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

De conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requiriranse as persoas solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, ao tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, o punto décimo segundo da Resolución do 7 de xaneiro de 2015 dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web do IGVS.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras da Orde do 24 de novembro de 2014 e na resolución de convocatoria. Esta relación achégase como anexo I desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo I desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Xefatura da Área Provincial do IGVS da Coruña.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

Rosa Gallego Neira
Xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Anexo I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación

Apelido 1

Apelido 2

Nome

NIF/NIE

Número de
expediente

Membro da unidade de convivencia a quen se require a documentación

Requirimento

Parentesco
ou relación

Nome e apelidos

Código

Akhiat

Fatima

X7373902X

201515ALUG00504G

Solicitante

PA05;

PA08;

PA15;

Fillo

Hajar Arifi

PA04;

Del Orbe

De Alcántara

Santa Casilda

Y1718865C

201515ALUG01104Y

Solicitante

PA01.2;

PA06;

PA07;

PA15;

Fillo

Yunior Alexander Alcántara del Orbe

PA04;

Rodríguez

Souto

Montserrat

33294868E

201515ALUG02270E

Solicitante

PA05;

PA08;

PA18;

Piñeiro

Lago

Noelia

79326607K

201515ALUG03330R

Solicitante

PA04;

PA08;

PA10;

PA11;

Castro

Padín

Lucía Rosa

52455425S

201515ALUG05113J

Solicitante

PA04;

PA08;

PA09;

PA10;

PA11;

Villar

Vázquez

Irene

46911964Z

201515ALUG00102Q

Solicitante

PA01.2;

PA05;

PA08;

Vila

Mayo

María Mercedes

33262338Z

201515ALUG00103V

Solicitante

PA01.2;

PA08;

PA16;

PA18;

Cuquerella

Figueredo

Yaneit

01942315B

201515ALUG00637E

Solicitante

PA07;

PA08;

Palazón

Lucas

María Josefa

48480071G

201515ALUG00313C

Solicitante

PA04;

PA05;

PA10;

PA11;

PA16;

Mourelos

Vilas

Julia Luisa

76505383T

201515ALUG00165X

Solicitante

PA08;

PA11;

PA17;

Louzao

Martín

Shaila

34895322K

201515ALUG00411A

Solicitante

PA11;

Ramiro A. Rodríguez Santamaría

PA01.2;

Romero

Gabarre

Isabel

44429310A

201515ALUG00419B

Solicitante

PA01.2;

PA08;

PA09;

Parella

Eusebio Romero Montoya

PA01.1;

PA01.2;

PA08;

Ajmi

Ajmi

Ameur

49918793F

201515ALUG00834N

Solicitante

PA04;

PA05;

Cónxuxe

Noura Serbout

PA06;

Fillo/a

Souad Ajmi

PA06;

Trejos

Trejos

Luz Aide

49916308Y

201515ALUG00902B

Solicitante

PA11;

Sali

Gina

Y1921673Z

201515ALUG00459M

Solicitante

PA08;

Castiñeiras

Fernández

Josefina

35437515N

201515ALUG01093H

Solicitante

PA08;

Iglesias

Luaces

Soraya

32829718R

201515ALUG00651J

Solicitante

PA05;

PA08;

PA11;

Navarro

Ana Celia

X2193014X

201515ALUG00551M

Solicitante

PA15;

Fillo/a

Génesis Marte Navarro

PA11;

PA15;

Fillo/a

Diveana Marte Navarro

PA11;

PA15;

García

León

Yasmin Vivina

48111754D

201515ALUG00927J

Solicitante

PA07;

PA08;

Ennajjai

Hamadi

X3047283J

201515ALUG01194G

Solicitante

PA01.1;

PA08;

Hernández

Jiménez

María Sonia

46919535H

201515ALUG01297S

Solicitante

PA16;

Cónxuxe

Abraham Barrul Jiménez

PA01.1;

PA01.2;

PA01.3;

Fillo/a

Melodie Barrul Hernández

PA08:

Salazar

Arizabaleta

Vanessa

X3126821V

201515ALUG01418K

Solicitante

PA04;

P05;

P08;

Castillo

Durán

Milagro

49474044D

201515ALUG01421R

Solicitante

PA04

Cónxuxe

Augusto Jiménez Pérez

PA08;

Filla

Lucy Esther Hurtado Castillo

PA08;

Filla

Cristina Rosario Castillo

PA08;

Xenro

Mario Yonael Paulino Aria

PA06;

PA08;

Jiménez

Jiménez

María Dolores

53118021G

201515ALUG01579K

Solicitante

PA11;

Solicitante

Roberto Carlos Jiménez Jiménez

PA01.2;

Martínez

Estigarribia

Zulma Rossana

X9067994Z

201515ALUG01521D

Solicitante

PA04;

PA11;

Fillo

Fernando Daniel Vera Martínez

PA06;

Escudero

Durillo

David

32832590K

201515ALUG02351B

Solicitante

PA04;

PA07;

PA08;

Parella

David Escudero Durillo

PA08;

García

Juncal

Amalia María

52494033Y

201515ALUG02223K

Solicitante

PA01.2;

PA07;

PA08;

Pérez

Mantilla

Jean Carlos

54151340W

201515ALUG02389A

Solicitante

P08;

Cónxuxe

Yanina Coromoto Díaz

P08;

Muñoz

Arena

Rosa Celia

46095869M

201515ALUG02567C

Solicitante

P04; P08;

Bermúdez

Filgueira

Manuela

32617439N

201515ALUG02524T

Solicitante

PA08;

Bermúdez

Borja

Antonio

46911992L

201515ALUG02527A

Solicitante

P04;

Hajjaji

Benabdellah

Khalifa

49685156G

201515ALUG02514J

Solicitante

P08;

Cónxuxe

Habiba Ouhizoune

P08;

García

Martínez

Concepción

44828621B

201515ALUG02668Y

Solicitante

PA08;

ANEXO II

Requirimento
Documento

Descrición do requirimento
Descrición do documento

PA01

PA01.1

Deberá achegar certificado de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

PA01.2

Deberá achegar certificado de non ter débedas coa consellería competente en materia de economía e facenda.

PA01.3

Deberá achegar certificado de non ter débedas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

PA02

Deberá achegar o anexo II da solicitude debidamente cuberto e asinado por todas as persoas membros da unidade de convivencia (no caso de menores, asinará un titor legal). No caso de que unha unidade de convivencia estea composta por máis dunha familia, deberá cubrir o número correspondente de follas.

PA03

Deberá achegar a terceira folla da solicitude debidamente asinada polo solicitante.

PA04

Deberá achegar a acreditación de pertencer ao sector preferente indicado na súa solicitude, co documento que en cada caso se precise:

– Familia numerosa: copia compulsada do documento que acredite a condición de familia numerosa.

– Persoa con discapacidade: copia compulsada do documento que acredite a condición de discapacidade.

– Mulleres vítimas de violencia de xénero; persoas afectadas por desafiuzamento; persoas vítimas de terrorismo: deberá achegar a documentación específica de acordo co establecido no artigo oitavo da resolución da convocatoria.

PA05

Deberá achegar o certificado de empadroamento que acredite, na data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de arrendamento.

PA06

Deberá achegar copia compulsada do NIE ou DNI.

PA07

Deberá achegar copia do documento,que se incorporará como anexo ao contrato, no cal quede constancia do número de referencia catastral do inmoble, asinado polo propietario e o inquilino.

PA08

Deberá achegar a declaración responsable de todos os ingresos obtidos durante o ano 2013 ou de non ter obtido ingresos, debidamente asinada. Xuntaranse, ademais, os seguintes documentos: declaración das circunstancias familiares, certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no dito exercicio (2013) e, se é o caso, certificado de pensións, ou prestacións periódicas, certificado do Instituto Nacional de Emprego e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

PA09

Deberá achegar declaración responsable da actualización da renda do contrato de arrendamento do ano 2015.

PA10

Deberá achegar certificado acreditativo do Rexistro da Propiedade ou do Catastro, que acredite que ningún dos membros da unidade de convivencia ten en usufruto, ou propiedade, outra vivenda no territorio español, ou acreditación de non dispor do uso e desfrute desta debidamente xustificado.

PA11

Deberá achegar fotocopia do contrato de arrendamento debidamente asinado e compulsado en todas as follas, actualizado (membros e renda) ao ano 2015 e con referencia expresa do número de referencia catastral do inmoble obxecto do alugamento.

PA12

Deberá acreditar os ingresos do estranxeiro pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España.

PA13

No caso de que desexe acceder a un arrendamento de vivenda, deberá achegar o anexo I da solicitude indicando en cal das zonas territoriais, referidas no punto quinto da convocatoria, se localizará a vivenda que se vai alugar.

PA14

Deberá achegar o certificado da base impoñible do IRPF do exercicio 2013, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

PA15

Deberá acreditar a residencia legal da persoa solicitante.

PA16

Deberá marcar os catro recadros de declaracións responsables que figuran na 2ª folla da solicitude.

PA17

Número de conta bancaria (con IBAN) co mesmo titular igual que o solicitante.

PA18

Deberá cubrir a declaración de se se solicitaron ou non outras axudas para o mesmo fin, e cales, que vén na primera folla da solicitude.