Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de deseño, desenvolvemento e demostración dun centro virtual de xestión e análise avanzado automatizado de adestramento sanitario, dentro do convenio Innova Saúde, subproxecto GS5-IS-8: central de simulación médica avanzada, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04 (expediente AB-SER1-15-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de deseño, desenvolvemento e demostración dun centro virtual de xestión e análise avanzado automatizado de adestramento sanitario, dentro do convenio Innova Saúde, subproxecto «GS5-IS-8: Central de simulación médica avanzada».

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34152000-7, 72000000-5, 72212200-1 e 72212326-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 17, do 20 de xaneiro de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S 002-002216, do 3 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.050.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.050.000 euros. Importe total: 1.270.500 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de anulación do expediente: 16.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 00.00.0000.

c) Contratista: deserto.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 0 euros. Importe total: 0 euros.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

P.S. (Acordo do 6 de agosto de 2015)
Manuel José López López
Subdirector xeral de Orzamentos