Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35734

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2015.

Por Orde do 20 de maio de 2015 (DOG do 29 de maio), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2015.

Reunida a comisión prevista no punto noveno da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo primeiro da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I a esta orde.

Segundo. Desestimar a solicitude presentada pola asociación de pais de alumnos do centro que se relaciona no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2015 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 20 de maio de 2015 (DOG do 29 de maio), pola que se convocan as axudas para o ano 2015.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Importe (€)

G15115165

CONFAPA (Confederación Galega APAS centros públicos)

A Coruña

9.109,45

G15098114

CONGAPA (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

8.617,45

G70416557

CONFEDERACIÓN ANPAS galegas

Santiago de Compostela

9.244,45

G15042617

Federación Provincial APAS centros públicos

A Coruña

5.534,80

G15089857

FAPA Federación provincial de ANPAS privados

A Coruña

1.734,80

G27019140

FAPACEL (Federación Provincial APAS centros públicos Lugo)

Lugo

2.912,80

G32009037

FEDERACIÓN provincial APAS centros públicos As Burgas

Ourense

3.102,80

G36020311

FANPA (Federación provincial ANPA centros públicos)

Pontevedra

4.527,80

G70366588

FEDERACIÓN centros públicos A COSTA DA MORTE

A Laracha

1.664,00

G70222195

FEDERACIÓN centros públicos COMPOSTELA

Santiago de Compostela

1.417,00

G15062839

FECAPA (Federación Central de APAS)

Santiago de Compostela

1.721,00

G36581841

FEDERACIÓN Estradense

A Estrada

1.246,00

G36743946

FEDERACIÓN OLÍVICA FOANPAS DE VIGO

Vigo

2.367,00

G36959658

FEDERACIÓN APAS do Suroeste SURGAPA

Vigo

1.284,00

V15869431

APACE ASPANAES Castro Elviña

A Coruña

950,00

G15984990

APA CEE Ntra. Sra. del Rosario

A Coruña

950,00

G70313804

ANPA CEE María Mariño

A Coruña

950,00

G15412026

APA CEE Terra de Ferrol

Ferrol

950,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

Ribeira

950,00

G15874290

APADUL APAS Duques de Lugo ASPANAES

Santiago de Compostela

950,00

G70394531

ANPA Móvete CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

950,00

G27159425

ANPA CEE Santa María

Lugo

950,00

G32411084

ANPA CEE Ilustre Mestre

Ourense

950,00

G32022774

ANPA CEE Miño

Ourense

950,00

G32202798

ANPA CEE O Pino

Ourense

950,00

V36130169

ANPA CEE Joaquina Sobrino

A Guarda

950,00

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María

Nigrán

950,00

G36152262

APA CEE Santísimo Cristo del Amor - ACEESCA

O Porriño

950,00

G36180768

APA CEE Juan XIII

Pontevedra

950,00

G36630614

APA CEE Menela

Vigo

950,00

G36812063

APA CEE Saladino Cortizo

Vigo

950,00

G36682102

APA CEE San Rafael

Vigo

950,00

G36131027

APA CEE Xardíns Dr. Fleming

Vilagarcía de Arousa

950,00

G15115165

APA CEE Os Mecos

Vilanova de Arousa

950,00

ANEXO II

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Causas da desestimación

G36358497

FEDERACIÓN de ANPAS O CON

Sanxenxo

Solicitude presentada fóra de prazo.