Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de sistemas de infusión para bombas volumétricas (expediente MS-ASF1-15-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfonos: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás os sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-15-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de sistemas de infusión para bombas volumétricas.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se procede): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33194110-0; 33194120-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se procede:

– Oferta económica: ata 56 puntos.

– Características das bombas: ata 25 puntos.

– Características dos sistemas de infusión: ata 15 puntos.

– Prazo de entrega: ata 2 puntos.

– Comunicación electrónica coa Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol: ata 2 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 289.440 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 120.600 € ; b) IVE: 25.326 €; c ) Importe total: 145.926 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de outubro de 2015.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se procede): 17 de agosto de 2015.

12. Outras informacións: –.

Ferrol, 17 de agosto de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol