Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2013-0133 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 12 de agosto de 2015

P.A.
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2013-0133.

Interesada: Transportes Javier García Santos, S.L.

Acto notificado: imposición de multa coercitiva e novo apercibimento de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2014-0092.

Interesados: Paula Curt e Marius Nicusor Botea.

Acto notificado: apercibimento de imposición de multa coercitiva de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0012.

Interesado: David Ramos Insua DBI.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0025.

Interesado: Emanoil Lucian Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.