Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por instancia da Administración, o expediente de ampliación de tráficos (novo hospital de Vigo en Beade) do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2310; XG-215, A Cañiza-O-Porriño-Pontevedra, con anexos, de Empresa Raúl, S.A.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43-1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de sete días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es
Pontevedra, 2 de setembro de 2015
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra