Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de apoio técnico e profesional ás enquisas de avaliación docente (expediente 325/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 27.9.2015.

d) Número de expediente: 325/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: apoio técnico e profesional ás enquisas de avaliación docente.

c) Lugar de execución/entrega: por defecto o servizo prestarase nas instalacións da contrata, sen prexuízo da necesidade de que nas actuacións que polas súas características especiais así o demanden o adxudicatario deba acceder fisicamente aos lugares de realización das enquisas nas aulas, seminarios ou instalacións da Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: un ano desde o 1 de outubro de 2015 ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, prorrogable por outro ano máis. A prórroga formalizarase de mutuo acordo por ambas partes antes de que remate o período de vixencia inicial.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 72313000-2: servizos de recollida de datos.

g) CPA: 63.11.11: servizos de proceso de datos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

• Oferta económica (criterio automático): 75 puntos.

• Calidade técnica de proposta (xuízo de valor): 25 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 448.000 €.

5. Importe de licitación: 28 euros por enquisa.

6. Gasto máximo autorizado: 224.000 €.

7. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Para os licitadores españois, de conformidade co establecido no artigo 65.1 do TRLCSP, a execución de contratos de servizos cuxo valor estimado sexa igual ou superior a 200.000 euros requirirá que o empresario se encontre debidamente clasificado. Requisito de clasificación: grupo V; subgrupo 1; categoría B.

b) Solvencia económico-financeira e técnico-profesional das empresas estranxeiras: as empresas estranxeiras deberán acreditar a súa solvencia económico-financeira e técnico-profesional segundo o indicado nos números 11 bis e 12 da folla de resumo de características. Non obstante o antedito, e en relación cos Estados membros da Unión Europea, observarase o disposto no artigo 84 do TRLCSP, caso en que deberán presentar certificados de clasificación ou documentos similares, sentando unha presunción de aptitude de solvencia respecto daqueles aspectos que se indican no dito artigo (naqueles aspectos nos cales non se presuma a aptitude deberán acreditar a solvencia segundo o indicado no parágrafo anterior). Os ditos certificados e documentos indicarán as referencias que permitisen a inscrición do empresario na lista ou a expedición da certificación, así como a clasificación obtida.

c) Solvencia económico-financeira das empresas estranxeiras: sen prexuízo do indicado a respecto dos certificados comunitarios de clasificación a que se refire o artigo 84 do TRLCSP, acreditarán a súa solvencia económica e financeira de conformidade co disposto a continuación: declaración sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato, referido aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou inicio de actividades do empresario. Requisito mínimo: a declaración anterior deberá xustificar que o volume de negocios foi, como mínimo, igual ou superior ao do importe de licitación.

d) Solvencia técnica e profesional das empresas estranxeiras: sen prexuízo do indicado ao respecto dos certificados comunitarios de clasificación a que se refire o artigo 84 do TRLCSP, acreditarán a súa solvencia técnica e profesional de conformidade co disposto a continuación: unha relación dos principais servizos ou traballos realizados dentro do ámbito do obxecto do contrato nos últimos tres exercicios que inclúa o importe e os destinatarios públicos ou privados deles. Requisito mínimo de solvencia: ter realizados no período antedito traballos análogos aos do obxecto do contrato que no seu conxunto alcancen un importe igual ou superior ao de licitación. O período abrangue: do año 2012 (desde o día equivalente ao seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas ata o 31 de decembro dese ano), os anos 2013 e 2014 completos, e do ano 2015 ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 5 de outubro de 2015, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B (tamén debe incluírse copia idéntica da memoria en soporte dixital no formato PDF) e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, baixo, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario. Aproximadamente 3.500 €.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26.8.2015.

Vigo, 26 de agosto de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo