Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, das obras do proxecto de mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento en Barreiros (fase IA).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Barreiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información: Concello de Barreiros, rúa Vila, 63, 27790 San Cosme de Barreiros. Teléfono: 982 12 40 02. Fax: 982 12 41 10. Correo electrónico: secretaria@concellodebarreiros.com . Enderezo da internet do perfil do contratante: http://barreiros.sedelectronica.es

d) Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Número de expediente: CONT11/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: as obras previstas no proxecto de mellora e ampliación das infraestruturas de abastecemento en Barreiros (fase IA).

c) CPV: 45231300-8, 45232100-3, 45232150-8, 45232152-2 e 45252126-7 (todos relacionados con obras de abastecemento domiciliario de auga potable).

d) Lugar de execución: concello de Barreiros.

e) Prazo de execución: quince (15) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares (anexo I, FEC).

4. Orzamento base de licitación: importe total 1.293.285,86 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d) e grupo K, subgrupo 8, categoría d).

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo finalizará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG (o último que se publique).

b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Barreiros (ver punto 1.c) deste anuncio).

8. Apertura de ofertas: a data e a hora anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Barreiros (punto 1.c) deste anuncio).

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata a contía de 1.000 euros.

Barreiros, 12 de agosto de 2015

J. Alfonso Fuente Parga
Alcalde