Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Ministerio de Fomento.
Domicilio social: Paseo de la Castellana, 67, Nuevos Ministerios, 27071 Madrid.
Denominación: LMTS 20 kV e CTC baixo poste 50 kVA para alimentar iluminación pública na conexión entre a autovía Lugo-Santiago (A-54) e a autovía (A-6) enlace Nadela-Lugo.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nun apoio proxectado (obxecto doutro proxecto para presentar por BEGASA) que se intercalará na LMT Nadela e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 26 metros en condutor RHZ1-150 mm.
2. Centro de transformación en edificio compacto baixo poste, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 26 de agosto de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo