Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se declara deserta a licitación do servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas dos PAC situados nos centros de saúde, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, por non se presentar ningunha oferta dentro do prazo establecido (expediente AB-EIP1-15-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-15-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas dos PAC situados nos centros de saúde da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9; 55523000-2.

e) Medio da publicación do anuncio da licitación: DOG.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 2.7.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 492.374,40 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 234.464 euros.

b) Importe total: 257.910,40 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data da resolución da declaración: 29 de xullo de 2015.

b) Contratista: deserto.

Pontevedra, 29 de xullo de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés