Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 2 de setembro de 2015 Páx. 35598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica o outorgamento do permiso de investigación Andrea número 7137.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que por Resolución do 27 de xullo de 2015, da Consellería de Economía e Industria, se outorgou o permiso de investigación Andrea número 7137, de 87 cuadrículas mineiras, para a investigación de cuarzo e outros, nos termos municipais de Oroso, Ordes, Mesía e Frades, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

A Coruña, 17 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña