Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xullo de 2015, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00418-O-2015 e once máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores LU-00418-O-2015 e once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 30 de xullo de 2015

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00418-O-2015

0190-HTH

Garda Civil 2701 E70372V

Transportesgonromy, S.L.

B27446715

Rolda da Muralla, 68, baixo

27003 Lugo

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.2.2015; 4.00 ; A-6; 535

Artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.g) da LOTT

1.001 euros

LU-00704-O-2015

5169-CFY

Garda Civil 2701 C30220X

TXT Soluciones de Distribución

As Leiteiras (pol. do Ceao), 3-4-5

27290 Lugo

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

17.3.2015; 15.47; N-120; 498,00

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

375 euros

LU-00707-O-2015

5169-CFY

Garda Civil 2701 C30220X

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Rúa das Leiteiras (pol. do Ceao), 3

27003 Lugo

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

17.3.2015; 15.47; N-120; 498,00

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

375 euros

LU-00722-O-2015

4219-HWY

Garda Civil 2704 I64330I

Ttes. Logísticos Pocomaco, S.L.

B15853740

Rúa do Oleoduto Primeiro, local, baixo dereita, 11.

15009 A Coruña

Atenuante: realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

12.3.2015; 8.00; A-6; 530,0

Artigo 141.25 da LOTT. Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT.

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

LU-00832-O-2015

5428-HHN

Garda Civil 2701 C30220X

José Ramón Cotelo Velo

76326163L

A Garga, 19, Anllóns

15110 Ponteceso (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21 %.

21.4.2015; 8.50; N-VI; 543,8

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

950 euros

LU-00833-O-2015

7835-FLS

Garda Civil 2701 V08644T

Adriática Logistic, S.L.

B70130455

Avda. Couce Casas, 27

15552 Valdoviño (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

22.4.2015; 18.55; N-VI; 543,8

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros

LU-00845-O-2015

7946-DPD

Garda Civil 2701 V08644T

César Prado Fernández

34995300

Rua José Soto Losada-Abade, 11

32890 Barbadás (Ourense)

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

10.4.2015; 18.02; N-120; 498,5

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

4.000 euros

LU-00963-O-2015

9007-GVD

Garda Civil 2700 T95526U

Marius Constantin Zahara

Y1473967A

Mansín, 3, 1

27780 Foz (Lugo)

O incumprimento por parte das persoas usuarias dos deberes que lles correspondan.

19.5.2015; 1.30; N-634; 571,500

Artigo 62.h) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

100 euros

LU-01006-O-2015

0726-FXL

Garda Civil 2704 I64330I

López Rivas, Juan Manuel

76576543K

Bo Cuíña, parcela 152, nave

27891 Cervo (Lugo)

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

21.5.2015; 8.29; A-6; 517,0

Artigo 142.17 da LOTT

Artigo 143.1.a) da LOTT

100 euros

LU-01033-O-2015

3900-DKB

Garda Civil 2700 B4008H

Ferxesco, S.L.

B27356088

Estrada LU-541, km 18

27800 Vilalba (Lugo)

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

24.3.2015; 18.44; N-634; 571,5

Artigo 140.1 da LOTT. Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT.

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

LU-01158-O-2015

SG-3832-H

Garda Civil 2701 R16189Y

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos

15318 Abegondo (A Coruña)

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

16.6.2015; 8.35; LU-934; 1,0

Artigo 141.14 da LOTT

Artigo 143.1.e) da LOTT

601 euros

LU-01172-O-2015

SG-3832-H

Garda Civil 2701 R16189Y

R. Otsemra, S.L.

B15797624

San Marcos

15318 Abegondo (A Coruña)

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

16.6.2015; 8.35; LU-934; 1,0

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.i) da LOTT

4.001 euros