Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2015 pola que se fai público o concurso público, procedemento aberto e sistema multicriterio, para a selección de oferta para o outorgamento de concesión de ocupación de dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

c) Número de expediente: 12-48-15-C-3.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do presente procedemento é a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira.

b) Lugar da concesión: porto de Ribeira. Concello de Ribeira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: dez (10) anos prorrogables. No suposto de que o licitador propoña obras de mellora valoradas en mais de 50.000,00 €, este prazo sería de quince (15) anos. Se o investimento supera os 100.000,00 €, o prazo sería de vinte (20) anos, e se supera os 250.000,00 €, o prazo sería de vintecinco (25) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. Documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula quinta do prego de bases.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A , 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 95 70 25.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: o prego de bases desta convocatoria e demais documentación relativa á convocatoria poderase obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23303

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais da entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme ao disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na letra C) da cláusula décima do prego de bases. (Teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24).

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na letra B) da cláusula décima do prego de bases.

e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días, contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte, e darase publicidade no perfil de contratante á data e hora exacta de realización do devandito acto.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se é o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia