Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-RI-0330/2015-PPM e trece máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 18 de agosto de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0330/2015-PPM

José Antonio Fernández Santos

Rúa Doutor Don Teo, 4, 3º C, Noia

PSC-RI-0336/2015-PPM

César Seijas Pérez

Avenida do Rocío, 31, Outes

PSC-RI-0340/2015-PRE

José María Castro Redondo

Fonte Ramil, 6, Castiñeiras, Ribeira

PSC-RI-0343/2015-PPM

Juana María Lojo Sampedro

Terra Barbanza, bloque 2-3, 1º A, Escarabotiño, Boiro

PSC-RI-0344/2015-PRE

Luis Miguel Domínguez Hermo

Estrada xeral, 37, 3º, Boiro

PSC-RI-0357/2015-PPM

Antonio Borral Outes

Rúa Venezuela, Noia

PSC-RI-0362/2015-PPM

Jesús Antonio Ares Chapela

Rúa 1, 18, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0363/2015-PRE

Severo Dios Regueira

Avenida da Coruña, 90, 6º esquerda, Ribeira

PSC-RI-0368/2015-PPM

Ángel Antonio Piñeiro Seráns

Rúa do Vilar, 15, 1º, Palmeira, Ribeira

PSC-RI-0372/2015-PPM

José Manuel Redondo Penedo

Hórreo, 22, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0384/2015-PPM

Juan Francisco Romero Yuste

Rúa Unión, 39, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0386/2015-PPM

Tanausu Manuel Godoy Santana

Rúa Manzanares, 26, 2º C, Ribeira

PSC-RI-0397/2015-PPM

Antonio José Patiño Sevilla

Luís Pimentel, 49, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0398/2015-PPM

Desirée Caamaño González

Escarabotiño, 34, edificio 188, baixo G