Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2015/161-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: avenida de Madrid, 108, 36214 Vigo.

Denominación: LMT, CS e CT de 630 kVA para supermercado no CC Coruña The Styles Outlets.

Situación: avenida de Alvedro, s/n. Estrada N-550, p.q. 9600 Culleredo.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, con inicio na liña existente SMC702 entre o CT 15CHFS e o CT 15CEQ7, condutor RHZ1 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 73+73, e remate no centro de seccionamento proxectado.

Centro de seccionamento en edificio non prefabricado compartido co de centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400A, 16 kV).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400A, 16 kV) e transformador de 630 kVA en silicona e relación 15 kV/400V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 4 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña