Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 35010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación dos servizos loxísticos de transporte e distribución de historias clínicas, transporte de material de esterilización e material de farmacia, reorganización física e control de almacéns de fluidoterapia, custodia e xestión do arquivo do pasivo de historiais clínicos e placas radiolóxicas e o seu transporte, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIP1-15-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIP1-15-006.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: os servizos loxísticos de transporte e distribución de historias clínicas, transporte de material de esterilización e material de farmacia (desde o Hospital Montecelo aos centros da XIPS); reorganización física e control de almacéns de fluidoterapia dos centros asistenciais da XIPS, custodia e xestión do arquivo de pasivo de historias clínicas e placas radiolóxicas e o seu transporte desde o almacén ata os centros da XIPS e viceversa.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001 e 36071 e Vilagarcía 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 63000000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 275.639,12 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 125.290,51 €. Importe total: 151.601,52 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas o das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade da presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: rúa Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B y C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B y C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Outras informacións.

Pontevedra, 1 de xullo de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés