Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34896

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 17 de agosto de 2015 pola que se modifica a do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (códigos do procedemento IN422D-IN422E).

A Consellería de Economía e Industria ditou a Orde do 10 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan renove de caldeiras de alta eficiencia, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (códigos do procedemento IN422D-IN422E). Publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 119, do 26 de xuño de 2015.

O artigo 1 das bases reguladoras da Orde do 10 de xuño de 2015, relativo ao obxecto e réxime das subvencións, prevé a opción de que a Administración incremente o crédito orzamentario nos supostos de que se produza unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou ben existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. A publicación da ampliación de crédito deberá facerse polos mesmos medios que a convocatoria, e non implicará a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

O artigo 3 das bases reguladoras da Orde do 10 de xuño de 2015, relativo ao financiamento e concorrencia, establece que se destinará unha contía de 500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.733A.780.1 para a concesión destas axudas, que terán a modalidade de subvención.

Co obxecto de atender un maior número de solicitudes de axuda considérase necesario incrementar o crédito orzamentario inicial, polo que se procede a efectuar unha modificación orzamentaria incorporando crédito na partida 08.03.733A.780.1 por importe de 360.243,52 €.

Por todo isto, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificar o artigo 3 das bases reguladoras da Orde da Consellería de Economía e Industria do 10 de xuño de 2015 no referente ao crédito orzamentario da partida 08.03.733A.780.1, que pasa de 500.000,00 euros á cantidade final de 860.243,52 €.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria