Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 26 de agosto de 2015 Páx. 34852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Galega de Editores.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da acta da asemblea xeral da Asociación Galega de Editores, que tivo lugar o 30 de abril de 2015, onde se reflicte o acordo que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser na rúa do Hórreo, nº 22, 3º, 15701 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

P.D. (Disposición adicional primeira
do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación