Número de expediente: IN407A 2015/206-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: adecuación LMT SDG-709 e CT A Porta (15A260).
Concello: Sobrado.
Características técnicas: tramo liña de media tensión subterránea SDG-709, a 15 kV, cunha lonxitude de 45 m, con orixe en apoio proxectado da LMTA SDG-709, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT A Porta (proxectado).
Tramo liña de media tensión subterránea MEL-705, a 15 KV, cunha lonxitude de 495 m, con orixe en apoio proxectado da LMTA MEL-705, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT A Porta (proxectado).
Novo centro de transformación prefabricado A Porta, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 31 de xullo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña