En execución do acordo adoptado polo Pleno do Parlamento de Galicia na sesión que tivo lugar o día 3 de agosto de 2015, e no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 3.2º da Lei autonómica 6/1984, do 5 de xuño, con esta data e sinatura acredito o nomeamento de Milagros María Otero Parga como Valedora do Pobo coas prerrogativas, atribucións, deberes e facultades derivadas da súa condición de alta comisionada do Parlamento de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015
Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia