Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 25 de agosto de 2015 Páx. 34773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de material sanitario destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido (expediente MI-SER1-15-030).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 21 de setembro de 2015.

d) Número de expediente: MI-SER1-15-030.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material sanitario destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/44.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33141110-4 e 33141111-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

40

1. Calidade técnica do produto

40

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

60

2. Oferta económica

45

3. Formación

5

4. Achegas gratuítas

5

5. Loxística e servizo

5

4. Valor estimado do contrato: 26.520.646,44 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 11.050.269,35 €. Importe total: 12.161.748,21 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 21.9.2015

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións do prego modelo de cláusulas administrativas, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 6 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de agosto de 2015.

12. Outras informacións: si, ver número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos