Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ampliación do CEIP Manuel Murguía (expediente 631/2015/106).

O Pleno municipal, en sesión realizada en data 7 de agosto de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ampliación do CEIP Manuel Murguía, ubicado na rúa Obradoiro, 11, da Coruña, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a procura da entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor, aos titulares catastrais, aos departamentos de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina de Deliñación-SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se estime pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 14 de agosto de 2015

A Coruña, 14 de agosto de 2015

P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda